Estrella galicia

Aviso Legal

1 Identificación do titular

  • Razón social: HIJOS DE RIVERA, S.A.U.
  • CIF/NIF: A15002637
  • Domicilio social: r/ Jose María Rivera Corral 6, 15008 A Coruña
  • Teléfono: 981901906
  • Fax: 981901903
  • Correo electrónico: noreply@estrellagaliciafogardocelta.es
  • Rexistro Mercantil de: A Coruña, T 268 F 107. Folla 1313

2 Obxecto

As presentes condicións regularán o uso que o Titular pon a disposición dos usuarios da Web e poderán ser modificadas sen previo aviso, polo que se recomenda a súa consulta periódica, máxime cando se dispoña a facer un uso efectivo de produtos e/ou servizos.

3 Condicións de acceso e uso

O acceso á web é libre e atribúe a quen o realiza a condición de Usuario, podendo acceder aos contidos ou mesmo poñerse en contacto cos seus administradores.

Polo tanto, o Usuario debe ler, entender e aceptar as presentes condicións de uso antes de proceder á navegación e/ou ao uso dos servizos, o que suporá a súa expresa aceptación e adhesión a estas nos termos e condicións que se indican a seguir: i) compromiso de uso dilixente dos recursos, con estrito cumprimento da lexislación vixente e con respecto dos bos costumes e da “netiqueta”, é dicir, o conxunto de normas de comportamento xeral na Internet; ii) o Usuario aceptará os termos e condicións ou bases de participación dun servizo ou recurso concreto cando estas sexan necesarias, o que será explicitamente requirido se é o caso; e iii) non poderá facer uso da Web fóra dos termos aceptados polas presentes condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á moral ou á orde pública en calquera das súas expresións ou constitutivos de delito.

Así mesmo, no caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o Titular non se responsabilizará en ningún caso das opinións expresadas por terceiros, se ben se reserva o dereito de retirar ou mesmo non publicar aqueles que resulten ofensivos ou non apropiados ou, no seu defecto, cando teña coñecemento efectivo do contido do publicado.

No caso de participación por parte do Usuario nas promocións, eventos ou concursos organizados polo Titular nesta páxina web, este deberá aceptar as correspondentes bases de participación, as cales estarán accesibles en todo momento polo menos durante a duración do evento.

4 Propiedade intelectual e industrial

O Titular posúe todos os dereitos sobre a Web, os seus logos, estrutura, imaxes e elementos constitutivos do código obxecto, así como sobre a programación e enxeñería do código fonte. Todos estes elementos, ademais das publicacións incluídas, están protexidos pola normativa española e europea sobre propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibida calquera reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos da Web efectuada de calquera forma ou por calquera medio, quer mecánico, manual ou outro, sen a autorización expresa do Titular.

Calquera ligazón realizada á Web haberá de dirixirse á páxina de inicio, prohibíndose a realización de ligazóns profundas ou dirixidas a outros contidos distintos dos mencionados. Do mesmo modo, queda prohibida a navegación sobre marcos.

5 Protección de datos de carácter persoal

O Titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas pola normativa de protección de datos e, máis concretamente, pola Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e polo Regulamento 1720/2007 de Medidas de Seguridade.

Poderá consultarse toda a información a este respecto no apartado Política de privacidade.

  1. Lexislación aplicable e xurisdición

As presentes Condicións xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español, sometendo calquera controversia aos xulgados e tribunais da cidade da Coruña, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.

6 Lexislación aplicable e xurisdición

As presentes Condicións xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español, sometendo calquera controversia aos xulgados e tribunais da cidade da Coruña, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.